Golpe da UE á normativa laboral española: as empregadas do fogar teñen dereito a cobrar o paro

A setenza chega a raíz da petición dun xulgado galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou este xoves que a exclusión das empregadas do fogar das prestacións por desemprego que recolle a normativa española é contraria ao dereito da Unión e considerou que, dado que estes profesionais son "case exclusivamente" mulleres, esta norma constitúe unha discriminación indirecta por razón de sexo.

"Esta exclusión entraña unha maior desprotección social dos empregados do fogar, que se traduce nunha situación de desamparo social", concluíu o Tribunal de Xustiza europeo na súa sentenza, en liña coas conclusións do Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza da UE do pasado setembro.

O o seu ditame, o Tribunal europeo tivo en consideración que en España o 95% dos empregados do fogar son mulleres, polo que apuntou que esta normativa nacional prexudica especialmente ás mulleres e entraña "unha discriminación indirecta por razón de sexto contraria á directiva". Así considera que a lei española coloca ás mulleres en desvantaxe con respecto aos homes.

O asunto foi elevado ao tribunal de Luxemburgo polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, que pide ao TUE que interprete a directiva sobre igualdade en materia de seguridade social para determinar se existe unha discriminación indirecta por razón de sexo. O TUE concluíu que todos os traballadores por conta allea inscritos no Réxime Xeral da Seguridade Social teñen dereito ás prestacións por desemprego, incluídos os empregados do fogar.

Respecto das alegacións do Goberno español e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre que esta exclusión busca manter as taxas de emprego e loitar contra o traballo ilegal e a fraude contra a Seguridade Social, a Xustiza europea estimou que a normativa española non é "adecuada" para alcanzar eses obxectivos xa que opina "non parece aplicarse de maneira coherente".

Ademais, o Tribunal de Xustiza puxo de relevo a falta de motivos que xustifiquen a exclusión dos traballadores do fogar da prestación por desemprego respecto doutros colectivos de traballadores que tamén desenvolven a súa relación laboral a domicilio e para particulares e que, ademais, presentan características similares respecto de taxas de paro, remuneración ou cualificación. Razóns polas que estimou que estes colectivos presentan riscos similares.

Unha vista ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (Gran Sala). Tribunal de Xustiza da Unión Europea - Arquivo
Unha vista ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (Gran Sala). Tribunal de Xustiza da Unión Europea - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta