O Colexio de Educadores Sociais traballará a favor do dereito á educación social da cidadanía

O Ceesg renovou a súa xunta de goberno, presidida por Sonia González.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2022 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) renovou a súa xunta de goberno, o órgano que liderará, durante os próximos catro anos, a acción da entidade, que pasa polo obxectivo de que se recoñeza "o dereito á educación social da cidadanía". O equipo reuniuse este sábado para arrincar o traballo, que ten como obxectivo principal que ese dereito teña presenza cunha "garantía normativa".

Sonia González é a presidenta e Rocío Núñez a vicepresidenta desta entidade, que se marca como "prioritario" o desenvolvemento de accións --con perspectiva de xénero e con especial incidencia desde a diversidade e o feminismo-- que "fagan presente e próxima a intervención social entre toda a poboación", desde a infancia ata as persoas maiores.

O traballo centrarase nesta visualización, pero tamén no desenvolvemento profesional das persoas colexiadas. Neste sentido, a nova xunta de goberno propón ofrecer unha formación continua de calidade que permita manter "viva, dinámica e actualizada unha profesión esencial no ámbito social, sanitario e educativo".

Xunto a Sonia González e Rocío Núñez; Alfonso Tembrás, Rodrigo Gil, Jesús Deibe, Pilar Ramallal, Noelia Rodríguez, María Jesús Segade e María del Carmen Zamora conforman a xunta de goberno.

Nova xunta directira do Colexio de Educadoreas e Educadores Sociais de Galicia. COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Nova xunta directira do Colexio de Educadoreas e Educadores Sociais de Galicia. COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta