O 8 de setembro arrinca o curso escolar 2025/26 en Galicia e finalizará o 19 de xuño

As vacacións de Nadal serán do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, entroido o 16, 17 e 18 de febreiro e Semana Santa do 30 de marzo ao 6 de abril

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/05/2025 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O próximo curso escolar 2025/2026 empezará en Galicia o próximo 8 de setembro e finalizará o 19 de xuño de 2026 para todas as etapas educativas, excepto os segundos cursos dos ciclos formativos de grao Básico, Medio e Superior de FP, que terminarán o 15 de xuño, tal e como publica este xoves o Diario Oficial de Galicia.

Con todo, no caso dos Ensinos de Réxime Especial, do mesmo xeito que no presente curso, tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinos, poderá flexibilizarse o arranque ata o 15 de setembro como moi tarde. Así mesmo, no caso do 2º curso de Bacharelato, as clases terminarán de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade, PAU.

Os períodos de vacacións escolarán irán do día 22 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026, ambos inclusive, en Nadal; os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026 para o Entroido, e desde o día 30 de marzo ao 6 de abril, ambos os incluídos, para a Semana Santa.

Ademais, serán días non lectivos o 31 de outubro (Día do ensino), o 3 de novembro e as festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local. A orde de calendario tamén recolle que, para o próximo curso, as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno do Estado a través da LOMLOE para 4º de Primaria terán lugar entre o 20 e o 24 de abril, e para 2º de ESO realizaranse entre o 13 e o 17 de abril.

En canto ao período de adaptación para o alumnado de 4º curso de Educación Infantil, os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 12 de setembro.

PRAZOS DE MATRÍCULA

Unha vez pechado o prazo de solicitude de praza nos centros e publicados xa as listaxes provisionais de admitidos e excluídos o pasado 25 de abril, o próximo 15 de maio sairán as definitivas. Tras iso, os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

O curso escolar 2025/26 arrincará o 8 de setembro en Galicia e finalizará o 19 de xuño. XUNTA / Europa Press
O curso escolar 2025/26 arrincará o 8 de setembro en Galicia e finalizará o 19 de xuño. XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta