Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 20/05/2014
Imaxe próxima ao evento "Mostra de Encaixe 2014", na que se observan edificios fóra de escala, valo de bloques sen recebar, entullos de lixo e unha terraza hostaleira pouco axeitada á imaxe de Excelencia Turística que o Concello de Camariñas quere amosar, un excelente traballo artesanal de prezo alto.
Ao meu entender, non se tiña que ter permitido construir eses edificios fóra de escala, cuxa solución agora pasa por un estudo de detalle para rematar esa fachada medianil con outro edificio con fachada que a oculte. Sobre a terraza, dicir que sería conveniente un estudo de cores e formas e a redacción dunha ordenanza de terrazas, digna, na que non se permitan improvisados telderetes compostos de vulgares toldos, coa utilización de teas en tons brancos, máis acordes co encaixe de Camariñas. Probablemente, e con pouco gasto, houbera quedado mellor unha simple tarima de madeira con antucas (parasoles) brancos e cadeiras discretas. Á parte, os entullos non deben estar amontoados e á vista.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.