Lobeira

Os lobos son criaturas moi misteriosas, orientados á familia, que viven en grupos moi unidos, onde os familiares das manadas sempre son o primeiro.

Por Alexander Vórtice | Pontevedra | 25/08/2025

Comparte esta noticia
Dentro das curiosidades destes seres, cabe destacar que nunca se alimentan de cadáveres. A diferenza doutros animais, endexamais verás a un lobo sendo amaestrado nun circo; eles son leais, nunca se aparean coa súa nai ou coa súa irmá. Cando elixen unha parella fano para toda a vida, e se un dos dous falece, o outro garda loito por polo menos tres meses. Os lobos son xustos: son os únicos animais que honra aos seus pais na vellez, cando estes non poden seguir o ritmo da manda, os mozos cazan por eles e aliméntanos e coidan en lugar de abandonalos.
 
E falando sobre “aullidos” e sobre o valor da familia, comentar que o pasado día 9 de agosto viviuse un emocionante, histórico e destable encontro en Loira, Seixo (Marín) por parte de 62 membros -seica clan ao máis puro estilo escocés- da familia Lobeira (persoas chegadas desde País Vasco, Canarias, México e diversos puntos de Galicia).
 
Á parte presentarse #lle #nos esta cita como unha reunión familiar e un encontro entre persoas de numerosos lugares do mundo, o eixo fundamental da devandita reunión virou en torno da merecidaq consideración dos seus antepasados, quen loitou en prol da liberdade e da democracia, algo que os levou a ser severamente represaliados por parte da ditadura franquista.
 
Pola mañá, os actos de recordo iniciáronse coa inauguración dunha placa conmemorativa na fachada da casa onde se criaron os irmáns Lobeira (Montecelo-Loira). Aquí, neste punto inicial e concluínte, é onde aparece a modo de flash na miña memoria a frase de Bertolt Brecht, “desgraciado o país que necesita heroes”; ao que eu engadiría, con permiso do gran mestre Brecht: desgraciado o país que non perdoa, que non recapacita, que non emenda os seus erros e non conmemora de maneira ilusionante á xente boa que lle dá sentido ao absurdo das inxustizas, sen importar a forma en que se nos presenten estas.
 
A historia dos Lobeira é unha historia de lanzo, loita e liberdade -individual e colectiva-, dignas de ser mencionadas en varias películas “baseadas en feitos reais” e que, se mo permiten, nada terían que envexar a “A lista de Schindler”, de Steven Spielberg:
 
Gerardo Lobeira Rodríguez combateu contra o franquismo na defensa de Bilbao, secuestrou un pesqueiro para fuxir a Francia, e seguiu loitando como carabineiro do mar en Cataluña. Tras ser prisioneiro en campos de concentración no sur de Francia, uniuse á Resistencia Francesa contra a ocupación nazi, onde atopou a morte en agosto de 1944, sendo declarado heroe nacional de Francia.
 
Manuel Lobeira Rodríguez alistouse na Mariña de Guerra Vasca, sobreviviu a bombardeos e foi condecorado polo seu valor polo Goberno da República. Tras exiliarse coa frota republicana no norte de África, escapou de campos de concentración en Tunes e Alxeria para participar no servizo aliado de espionaxe contra a ocupación durante a Segunda Guerra Mundial. Finalmente, puido reconstruír a súa vida como refuxiado político en México, sen poder regresar a Galicia ata 1977.
 
Antonio Lobeira Rodríguez, tamén na Mariña de Guerra Vasca, participou en operacións de tráfico de armas en Bélxica e morreu en combate na batalla do Segre en novembro de 1938. Os seus restos descansan nunha fosa común en Cervera (Lleida), á espera da súa exhumación e retorno a Galicia.
 
José Lobeira Rodríguez, tras loitar na Mariña de Guerra Vasca e participar en evacuacións de refuxiados, estivo preso en campos de concentración en Francia antes de regresar a Galicia moitos anos despois.
 
Consolo Lobeira Rodríguez, unha "nena da guerra", foi evacuada do País Vasco tras o bombardeo de Gernika e pasou anos como refuxiada en Francia antes de retornar a Galicia.
 
Os pais do clan Lobeira, Manuel Lobeira e Laureana Rodríguez, xunto ao resto dos seus fillos (Amalia, Fernando, Benito e Ángela), padeceron incesantemente as consecuencias da persecución e estigmatización franquista en Loira. Con todo, a historia dos Lobeira vai moito máis alá dos feitos e persoas anteriormente citados e as investigacións sobre outros membros da familia e sucesos acaecidos seguen sendo investigados actualmente.
 
Hai xa varios anos, cando coñecín algunha destas historias incribles e repletas de heroísmo, recoñezo que quedei enormemente asombrado; co tempo, non daba crédito de que estes feitos non saísen á luz e non tivesen unha repercusión maior da que están a ter nestes momentos.
 
Seica sexa que neste país entérrase facilmente aos heroes, ou talvez sexa que deixar ao carón os piares básicos do Estado do Benestar no que -supostamente- vivimos logre que non rememoremos as nosas raíces.
 
Sexa como sexa, os meuss parabén e os meus respectos a todos eses homes e mulleres que tentaron -e aínda tentan- facer o xusto pese a quen lle pese, tanto agora como no pasado…
Porque, maldito o país que, chegado o momento, necesite unha vez máis de heroes. 

Placa da familia Lobeira en Loira, Marín
Placa da familia Lobeira en Loira, Marín | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Alexander Vórtice Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979) é xornalista, poeta, novelista, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, PontevedraViva, Diario16, Crónicas PTV e nas revistas culturais Falando con Letras, En tempos de Aletheia e Oceanum. As súas obras publicadas ata o momento grazas ao pulso dos golpes e as caídas son: Destilería Ocaso (2004), Neurose Tremens (2005), Material de Soños (2008), Deus e Outros Superheroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica dun Home Bo (2016), Vexetacións Carnívoras (2017), Tempa Maltreita (2019) e Diagnóstico Interior (2021).