Como achegar a comunidade escolar ao estudo do patrimonio galego?

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas busca precisamente isto a través duns premios nos que poden participar colexios e institutos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este xoves, no Museo do Pobo Galego, a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas que busca alentar na comunidade escolar a investigación e o estudo do patrimonio galego a través da lingua propia da comunidade.

Este proxecto, organizado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e co apoio do museo que acollía a súa presentación, é unha iniciativa dirixida ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato para que investiguen o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da súa contorna. A base fundamental dos proxectos será a lingua galega e a posta en valor do acervo de Galicia.

O coordinador do proxecto e portavoz da fundación, Francisco Fariña Busto, explicou que os grupos premiados en cada modalidade recibirán un premio de 7.000 euros, dos que os centros obterán 4.000 en metálico no momento da concesión do premio e que deberán destinarse integramente á realización do proxecto, o que pode incluír a adquisición de material ou equipamento destinado ao seu desenvolvemento. Os outros 3.000 euros entregaranse aos despois de que os traballos sexan expostos o Museo do Pobo Galego.

Os colexios e institutos candidatos realizarán os seus traballos durante o curso académico 2022-23 e poderán presentar as súas propostas ata o 20 de maio de 2022.

O xurado, composto polo presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, e tres membros designados polas entidades colaboradoras, fará publica a súa decisión antes do 22 de xuño de 2023.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación da XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas no Museo do Pobo Galego .. XOÁN CRESPO
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación da XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas no Museo do Pobo Galego .. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta