Xunta e CSIC continuarán cooperando no ámbito da investigación e innovación

Galicia tamén colabora co CSIC e con outras catro comunidades autónomas no plan complementario de comunicación cuántica, que busca establecer sinerxías coas iniciativas crave europeas neste ámbito mediante a creación de infraestruturas punteiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Económia, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse este luns en Madrid coa presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosa María Menéndez, un encontro no que avaliaron oportunidades no ámbito da investigación para superar os retos actuais.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, na reunión analizaron a colaboración institucional que o Goberno galego e o CSIC manteñen en diversos proxectos e que, conforme apunta, permite que a sociedade avance na superación dos retos actuais e, especialmente, en ámbitos como a investigación e a innovación.

Neste sentido, destacou a cooperación estable que a Xunta e o CSIC manteñen a través de convenios como os dos contratos programa ou o Oportunius.

Na reunión tamén se avaliou o impulso que suporá para o Cesga o novo supercomputador Finisterrae III, que incorpora un simulador de computación cuántica que é o primeiro da súa clase en España e que permitirá resolver 4000 billóns de operacións matemáticas por segundo. Unha característica clave para acurtar de forma significativa os tempos na obtención de resultados. Conta cun investimento de 7 millóns de euros a través de fondos Feder, da Xunta e do CSIC.

Galicia tamén colabora co CSIC e con outras catro comunidades autónomas no plan complementario de comunicación cuántica, que busca establecer sinerxías coas iniciativas crave europeas neste ámbito mediante a creación de infraestruturas punteiras.

Neste ámbito, a Xunta destacou o Polo de Tecnoloxías Cuánticas, cunha planificación de investimento de 154,4M ata 2025 se finalmente pode optar aos fondos europeos Next Generation, quecontará cun nodo no Cesga e aspira a converter Galicia nun referente neste tipo de de tecnoloxías que pretenden situar o tecido investigador, tecnolóxico e produtivo na vangarda e facilitar unha mellor recuperación no marco do contexto económico actual.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mcon a presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez. XUNTA
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mcon a presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta