Os novos contaxios non baixan e mantéñense preto dos 2.000 diarios

As infeccións activas ascenden ata as 19.441, mentres que a taxa de positivade sobe tamén ata o 12,44%.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 11/03/2022 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 baixan dos 2.000 diarios e sitúanse nos 1.862 --138 menos que na xornada anterior--, co que os casos activos soben, aínda que máis lentamente --880 máis-- e rexistran 19.441. Tamén se incrementa a taxa de positividade ata o 12,44%. Por outra banda, baixan os pacientes hospitalizados por coronavirus ata os 350 --29 menos--.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --unha menos-- e a 323 as hospitalizadas en unidades convencionais --28 menos--. Hai unha semana había 391 ingresados na Comunidade galega --29 deles en UCI--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete e soamente aumenta na de Pontevedra, na que, aínda que continúan con tres ingresados en UCI, soben a 44 os hospitalizados en planta --tres máis--. Pola súa banda, na da Coruña e Cee continúan con cinco pacientes Covid en UCI --sen cambios-- e baixan a 76 os ingresados noutras unidades --un menos--; mentres que na de Vigo descenden a un en UCI --un menos-- e mantéñense en 39 os doutras unidades --sen cambios--.

Na área de Santiago e Barbanza aínda que aumentan a nove os ingresados en UCI --un máis--, descenden a 48 os hospitalizados noutras unidades --12 menos-- e a de Lugo queda sen pacientes en críticos e caen a 29 os doutras unidades --12 menos--.

Mentres, na área de Ferrol seguen tres ingresados en UCI --sen cambios-- pola Covid e descenden a 30 os doutras unidades --tres menos--; mentres que na de Ourense continúan con seis hospitalizados en críticos --sen cambios--, pero baixan a 57 os ingresados en unidades convencionais --tres menos--.

CASOS EN ASCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 mantense a tendencia ascendente por cuarta xornada consecutiva en Galicia, tras iniciarse esta semana cun descenso, polo que se sitúan en 19.441, que implican 880 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.862) que altas (978), ao que se engaden varios falecementos. Hai unha semana --o venres 4 de marzo-- había 16.933 infeccións activas --unhas 2.500 menos--.

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+188), seguida da de Ourense (+151), Lugo (+129), Santiago e Barbanza (+121), Pontevedra (+120), A Coruña (+85) e Ferrol (+80). Deste xeito, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.899; seguida da de Vigo, con 3.507; Santiago e Barbanza, con 3.268; Ourense, con 2.806; Lugo, con 2.355, Pontevedra e O Salnés, con 2.327; e á cola segue a de Ferrol, con 1.193.

Cidadáns nunha zona de canas/copas a noite que se eliminan as limitacións horarias para a hostalaría galega, a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Cidadáns nunha zona de canas/copas a noite que se eliminan as limitacións horarias para a hostalaría galega, a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 descenden dos 2.000 este venres, tras traspasar esa barreira a xornada anterior. Así, os novos contaxios sitúanse nos 1.862 no conxunto de Galicia --165 menos--, tras os 2.027 do xoves, que supoñen 123 máis que os 1.904 do mércores, tras os 1.768 do martes e comezar esta semana con 1.371. O venres pasado --4 de marzo-- detectáronse 1.794. No que vai de ano, a cifra máis baixa foi de 830 --a finais de febreiro--.

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- ascendeu ao 12,44 por cento, tras baixar ao 10,6% o xoves, aumentar ao 11,32% o mércores, despois de descender o martes ao 7,73% e comezar esta semana cun 11,47%. Así, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS

Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia aumentan a 3.145 despois de notificar este venres a Consellería de Sanidade outras catro vítimas, todas elas con patoloxías previas.

Un dos óbitos rexistrouse o pasado 9 de marzo e foi unha muller de 86 anos na área sanitaria de Santiago; mentres que os restantes rexistráronse o 10 de marzo: un home de 97 anos na área da Coruña, outro de 86 anos na de Santiago, e unha muller de 93 anos na de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta