Allariz, primeira localidade de Galicia en participar na 'Rede de Municipios pola Agroecoloxía'

O obxectivo desta rede, na que están cidades como Valladolid ou Barcelona, é axudar ás administracións a construír sistemas alimentarios locais sostibles, resilientes e respectuosos co Medio Ambiente.

Por X.M. Fernández | Allariz | 14/03/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz dá un paso máis na súa firme aposta pola economía circular e polo respecto co Medio Ambiente formando parte da "Rede de Municipios por la Agroecología".  A súa benvida a este colectivo é posible polas políticas medioambientais que o concello ourensán leva posto en marcha estes anos, iniciativas acordes con esta filosofía coma son: o Mercado da Reserva da Biosfera, o proxecto de gandería en extensivo local de Carne de boi de Allariz ou o programa Re de reutilización e reciclaxe.

Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz
Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz | Fonte: GC

Ademais destas políticas públicas, cómpre salientar outras iniciativas privadas que se desenvolven no concello en colaboración coa administración local, coma por exemplo: o centro de Educación Medioambiental do Rexo co seu queixo de ovella, a cooperativa Ecoleía de leite ecolóxico, Petelo, a produción de fariña de castaña e transformados, Mimá horta ecolóxica con tracción animal, Xabóns de leite de burra (asociación Andrea)...

A REDE DE MUNICIPIOS POLA  AGROECOLOXÍA

O colectivo preséntase coma un lugar de encontro entre o persoal técnico e os responsables municipais, movementos sociais e os propios produtores, todos comprometidos co dereito á alimentación e á recuperación dun modelo agroalimentario produtivo e sostible co entorno, de vital importancia no momento no que nos atopamos.

O compromiso do Concello de Allariz cos produtores locais de proximidade que poden achegar aos mercados produto de calidade con canles curtas de distribución quedou de manifesto unha vez máis a pasada semana coa participación do concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, nun interesante encontro virtual sobre agroecoloxía. O responsable local foi un dos intervintes no webinario, "Mercados agroecoloxicos explorando na coxestión", compartindo experiencias cos municipios de Valladolid, Zaragoza, León e tamén coa rede de mercados da Deputación de Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta