Críticas por xustificar a discriminación ao galego

Ciberirmandade de Fala remite un comunicado no que denuncia que o Hospital Modelo da Coruña defende a unha das súas médicas que recriminou a un neno por falarlle en galego alegando que non é galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2007 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora. A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web. Envía o prego dende eiquí e agora."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

6 estevo das estrivadas

Estado español ano 2659, despois de 100 anos da invasión Francesa e a integración do Spanish State no French State.

- Médico de Tolouse traballando en Madrid pídelle a unha muller que se dirixa a el en Francés, pois non lle entende.

- A prensa de Madrid despotrica contra o Partido Nacionalista Castellano por reclamar e protexer a língua autóctona, falan que non se debe de impor unha lingua, que o francés e o castellano debe convivir en pé de igualdade, que o francés e o castellano son iguais, ainda que nos xornais de intenet, nos colexios, nos xulgados, nas empresas, a xente fale francés.

5 gon

para que aprender o galego, se o neno estivese doente e lle cumprise un/unha médico/a xa falarían en español, non é? Viva España e imperialista "goberno de españa" (grande y libre, of course)

4 cuturru

Habería que preguntarse por que o Servizo Galego de Saúde mantén concertos con hospitais deste tipo

3 andre

Lamentavelmente nunca se abandonou o de "hableme en cristiano", por muito que ladrem os de "tan gallego como el swahili"

2 pedro

Lamentable. Parece que voltamos a "hableme en cristiano".