Críticas por xustificar a discriminación ao galego

Ciberirmandade de Fala remite un comunicado no que denuncia que o Hospital Modelo da Coruña defende a unha das súas médicas que recriminou a un neno por falarlle en galego alegando que non é galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2007 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora. A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web. Envía o prego dende eiquí e agora."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

1 galiza ceive!

que valentes, prefiren ver os nenos galegos mortos antes que salvalos! E iso que fixeron o xuramento...

se realmente o hospital rechaza esas medidas galegofóbicas, espero que dean una contestación exemplar.