Críticas por xustificar a discriminación ao galego

Ciberirmandade de Fala remite un comunicado no que denuncia que o Hospital Modelo da Coruña defende a unha das súas médicas que recriminou a un neno por falarlle en galego alegando que non é galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2007 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora. A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web. Envía o prego dende eiquí e agora."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

66 galego do común

A nai non presentou unha denuncia porque a médico non lle falase en galego ó neno. A nai non dixo nunca que lle parecese mal que a médica non falase en galego. Que cada un fale o que lle pete, iso foi o que dixo á nai. O que lle petaba a ela era o galego, ó seu fillo tamén. E a doctora recriminoulle que non cambiase de rexistro idiomático diante dela.

A Coruña ten moita diglosia, como non vai haber diglosia nunha cidade onde hai rúas que se chaman Calle del Rio Jallas. Tolérase o galego , máis non se tolera o galego da persoa que libremente opta por esa língua na vez do castelán. O galegofalante non inculto na Coruña é tildado de nacionalista, provocador, listillo, progre, iso no mellor dos casos. É difícil ser atendido en galego cando o cliente fala galego, en ocasións porque as propias dependentas están avisadas de que o galego non vai coa estética de determinados locais, boutiques, bares, restaurantes...
Ver aquí unha agresión nacionalista por parte dun neno que vai ó médico é incrible. Algúns nacionalistas españois deberían de ser máis tolerantes e entender que en Galicia hai dúas línguas e que convivir en castelán é fácil, máis en galego en determinados ambientes hai ainda moitos prexuizos. E que hai persoas que queremos vivir en galego en Galicia como se leva facendo desde fai moitos anos.

65 galiza ceive!

para os nacionalistas, o proceso de construcción nacional da galiza é, de lonxe, o máis importante da nosa política. É o que nos fai esforzarnos e interntar facer as cousas o mellor posible para acadar unha independecia plena, non só administrativa, e poder levar ó pobo galego a mellor cuota de benestar. O nacionalisto está a demostrar no resto de nacións do estado que é garantía de progreso, e precisamente é por ese afan de superar e mellorar as nosas institucións, o noso sistema civil.

64 anxo

Jesús, creo que has definido claramente el origen del problema, si mi hijo está mal de verdad me importa tres cojones el idioma en que me hablen, es más, que no me hablen, que no le hablen, que lo atiendan. El problema se produce de la carencia de necesidad y de la abundancia de politización de un tema que ya aburre (estoy replanteándome el empezar a hablar castellano habitualmente, me jode mucho participar de una imposición constante y aburrida.
¿Te das cuenta que la mayor polémica en esta página se produce cuando se habla del idioma? Pues ahora va a resultar que Galicia tambien es la Comunidad con mayor riqueza del país, con mayor cultura y con mejores comunicacíones. Por eso nos preocupamos solo del idioma. Desde luego... Te aseguro que el sentir de la calle no tiene nada que ver con esta página y no estoy detrás de una mesa todo el día, hago muchos kilómetros al año por muchos sitios y suelo ser bastante sociable y me preocupo por saber lo que la gente piensa. "Por ahora" Galicia no es asi, pero ya ves Venezuela...

63 Jesús

¿A terminado de aprender vascuence Ibarreche? ¿y Montilla?

¡Hombre eso de que los políticos nacionales hablan todos gallego! mira ni Rajoy ni Pepiño Blanco, que son gallegos, ni ZP, ni la Maria Teresa ni Llamazares hablan gallego. Así que eso de que todos los politicos nacionales hablan gallego es una pasada. Solo un tal Rodriguez y solo para decir chorradas.

62 anxo

Oscar, coido que non che vou a respostar mais, usas a demagoxia para contestarme e esa manipulación non me gusta, eu non falei mal da xente da aldea. Polo visto falei mal de ti que eres o ofendido, prégoche que voltes a leer o que puxen, sin nervos e sin paixón. Do escrito non me retracto en absoluto porque e a realidade mesma, existe moito complexo e a, moitas veces, xente síntese despreciada porque ela mesma non se aprecia. Por certo, a Coruña e unha cidade onde a xente e libre de pensar e falar como quere e naide ten dereito a criticar os seus moradores por iso, pero válgame Deus con estos novos progresistas