Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 30/05/2014
Poderíase definir tamén como "de invernadoiro a galpón, en dous pasos". Revela unha ilegalidade consentida, xa que os seus propietarios foron construíndo no interior do invernadoiro paredes de ladrillo, perdendo a súa función como invernadoiro e converténdoo en galpón, almacén, pendello.
Revélanos tamén que a Disciplina Urbanística é inexistente, por parte do Concello, que ben fai a vista gorda, ben non saen dos despachos. Tamén dá a comprender o consentimento ou aceptación dos veciños, que consenten este tipo de aberracións.
Non ten solución digna máis que o seu derrubamento. Resulta penoso que tratemos de exportar produtos exclusivos e de excelencia cultivados nunha contorna tan degradada.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.