Ollo co tronzón!

A Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta acada este domingo a sexta edición, na que os organizadores agardan a visita de máis de 3.000 persoas. Este ano inclúe unha demostración de modalidades pasiegas.

Por Galicia Confidencial | Cospeito | 31/05/2014 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Bicis de madeira; bolos, peóns e chave; carreiras de rolos de herba; tiro á corda e un aberto de billarda… E carrilanas e corte de madeira con tronzón. E unha demostración de xogos cántabros. E a presentación do libro Xoguetes naturais. Argalladas de pícaros. E todo de balde, este domingo no recinto feiral de Muimenta.

A proba do tronzón, na edición do ano pasado.
A proba do tronzón, na edición do ano pasado. | Fonte: Xotramu

A Festa de Xogos Tradicionais organizada pola asociación cultural Xotramu medra ano a ano, e chega xa a súa sexta edición. Os organizadores agardan máis de 3.000 persoas: lucenses, do país e incluso de fóra, do país veciño. Será a festa de remate a todo un ano de “recollida, restauración e construcción de novos enredos”, como os esquís de herba, que serán presentados este domingo.

Unha asociación cántabra fará unha demostración das habilidades pasiegas: salto, bolo pasiego e bolo palma, rayar al palu... O Aberto de billarda correrá a cargo da asociación O Varal e leva o nome de Filloa 2014. A cita, no recinto feiral de Muimenta: nove horas de xogos, dende as 11.00 ata as 20.00 horas, coa posibilidade de sumarse a comida por 11 euros.

Un participante na proba de billarda.
Un participante na proba de billarda. | Fonte: Xotramu
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paliteiro

Ulo jogo do pau?