Anónimo, non van estar ahí.
Losantos xa debería estar no cárcere se fosen tan estrictos con el coma con El Jueves, pero o lúns en La Mañana escoitarémolo rirse deles e alabar a decisión de Del Olmo.
Mira, Acebes non paréceme un miserable, pero os de El Jueves sempre puxeron a parir a Acebes, moito máis que á monarquía, e endexamáis os censuraron.
A próxima semana El Jueves vai ter o récord de ventas pola publicidade gratuíta que lle fixeron.
Estou máis seguro ca nunca de que a República está cerca.
Iso non impide que esta censura me lembre a La Veu de Catalunya en 1906, outro diario satírico censurado drectamente polos militares.
E esa lei que non permite rirnos do Rei; pois mira, eu opino:
o Rei terá o sangue da cor que queira, pero a min non me aporta nada i é bastante máis caro de manter que El Jueves. Por 2,10 compro El Jueves e escacho a rir da monarquía que pago e non e da nada.
¿Ou sexa, que manteño aos lacazáns e aínda encima non podo rir deles?
JUAN CARLOS I (REINADO 1975-2007)
VIVA A III REPÚBLICA.