GC Aberto

Ucraína, unha parte do taboleiro dun xogo perverso

Por admin | GC ABERTO | 19/03/2022

Comparte esta noticia

Nestes días téñense sucedido as execucións de ucraínos por "equidistantes", "prorrusos", ou "desertores", disto os medios non informan.

Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia
Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia | Fonte: Diego Herrera - Europa Press.

España e a UE só dan asilo a mulleres e aos nenos, considerando aos homes que tentan fuxir do conflicto como "desertores", participando da política da Ucraína de non deixar saír da Ucraína os homes de 18 a 65 anos e obrigalos a loitar se non queren ser executados por traidores. 

Queren escapar da guerra.

Cruzando o monte o vestíndose de muller: así intentan fuxir da guerra os desertores ucraínos.

Os homes maiores de 18 anos que non teñan máis de tres fillos a cargo, sexan viúvos ou presenten problemas de saúde están obrigados a quedar na Ucraína.

A todo eso, como lle chamamos?

É unha guerra que empezou en 2014 no Donbás, cuns 14000 mortos antes do comezo da guerra entre Rusia e a Ucraína.

Unha guerra que non lle importou a ninguén ata que os nosos políticos e os medios de comunicación o decidiron. 

Triste é a realidade.

Os únicos inocentes son os civís mortos dende 2014 ata o día de hoxe, pero os únicos que importan a Occidente e os seus medios de comunicación son os dos últimos 20 días.

A OTAN quería esta guerra, que aos EEUU lles convén dende un punto de vista económico e xeoestratéxico. 

Ucraína tense deixado usar para desestabilizar a Rusia e agora Zelenski tenta conquerir unha terceira guerra mundial, e de facer a guerra o máis longa e cruenta posíbel. 

Todo é beneficio para os EEUU, una guerra lonxe das súas fronteiras, en Europa, e dúas economías que quedarán maltreitas, a da UE e a de Rusia. 

A UE será máis dependente dos EEUU, e refórzase a OTAN como sempre teñen querido os Ianquis, os seus socios europeos poñerán agora máis diñeiro.

Ucraína é só un escenario para a OTAN, unha parte do taboleiro xeoestratéxico onde se xoga a partida de quen vai gobernar o mundo. 

Ucraína e a UE son os tontos útiles dos EEUU.

Mentres China só ten que sentar a mirar, non é o seu problema e sacará beneficio tamén deste movemento no taboleiro xeoestratéxico. 

China apoiará a Rusia porque é un socio necesario para próximas batallas no mencionado taboleiro xeoestratéxico e xeopolítico mundial.

Haberá un gran perdedor a Ucraína. 

Zelenski segue defendendo os intereses da OTAN na rexión, sendo un títere. 

A UE tamén pagará caro o seu vasalaxe aos EEUU e a OTAN, "paga fantas" se lles pode chamar.

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta