Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 11:10
Un mozo de 23 anos, con iniciais A.P.B., faleceu a madrugada deste sábado nun accidente de tráfico no concello coruñés de Cerceda tras chocar o vehículo no que circulaba contra un camión, na estrada AC-440, ao seu paso pola parroquia de Rodís. Segundo informou o 112 Galicia, os servizos sanitarios alertaron do accidente pouco antes das 05,30 horas e indicaban que eran necesarios medios de excarceración para un sinistro entre un coche e un camión.
Así, os xestores do 112 deron aviso do relatado aos Bombeiros de Ordes, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Cerceda. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia medicalizada e tamén a persoal sanitario da PAC da Laracha, que só puideron certificar o falecemento. Tras confirmar a defunción, os Bombeiros de Ordes procederon a excarcerar á vítima, que era a única ocupante do vehículo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.