Vox sae ás rúas galegas para "defender a unidade de España"

Simpatizantes da formación ultra demandan ao Goberno que baixe o impostos e controle a suba dos carburantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Simpatizantes de Vox concentráronse este sábado fronte aos concellos de diferentes localidades galegas contra a subida dos prezos dos carburantes, enerxía e alimentos, ademais de para instar o Goberno central a "baixar os impostos" e "defender a unidade de España".

Na da Coruña participaron ao redor dun centenar de persoas, mentres que foron case 200 na de Vigo. Ademais, Vox tamén convocara concentracións en Lugo e Ourense. Ao berro de 'Viva España' e 'Viva Vox', e con patrullas da Policía Nacional e Local, os manifestantes censuraron a actitude do Executivo estatal, "unha elite que busca defenderse a si mesma e que renunciou á defensa da unidade de España e desvalixou campos e familias".

"Os produtos básicos encarécense cada semana e os prezos do combustible son os máis altos da historia", censuraron. Ante isto, solicitaron "unha soberanía alimentaria e enerxética" cunhas políticas "que se afasten do ecoloxismo radical". Tamén pediron unha baixada xeral de impostos, que "asfixian" ás clases medias, e emprego digno para os españois. "Non queremos que destinen miles de millóns ao adoctrinamento nas escolas e medios de comunicación e si a servizos públicos de calidade", defenderon. "Non queremos que os nosos fillos teñan medo ao saír á rúa", sinalaron, por último, respecto das accións das forzas de seguridade do Estado. O acto concluíu co himno de España.

Varios manifestantes, con bandeiras de España e pancartas, na protesta baixo a lema 'Que paguen eles', a 19 de marzo de 2022, en Vigo, Pontevedra. Javier Vázquez - Europa Press
Varios manifestantes, con bandeiras de España e pancartas, na protesta baixo a lema 'Que paguen eles', a 19 de marzo de 2022, en Vigo, Pontevedra. Javier Vázquez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 N8Pz

Pero se cada vez que falades, sube o pan. Que llo ides pedir aos Reis Magos gasoil para os camiòns? Como non veña de Rusia e Vox è enemigo de todos