Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2022 | Actualizada ás 20:19
A executiva nacional da CIG-Saúde anunciou este luns a posta en marcha dunha campaña pola "recuperación de salarios" do persoal do Sergas que contempla a presentación dunha reclamación en vía administrativa, unha proposición non de lei de iniciativa popular e mesmo acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se non se resolve.
Na presentación da campaña, a secretaria nacional, María Xosé Abuín, explicou que no marco desta campaña levouse ao Parlamento a documentación para admitir a trámite a proposición non de lei de iniciativa popular para "a rehabilitación dos dereitos de persoal do Sergas en materia salarial".
Previamente, xa se presentou unha reclamación na vía administrativa para que "se devolvan os salarios roubados desde o ano 2010", unha "media", afirma a CIG, de 21.600 euros por cada traballador.
Así, apuntou que desde a transferencia do Sergas á Xunta de Galicia a competencia de negociar os salarios correspondentes ás retribucións complementarias, singularmente o complemento específico, a CIG reclamou que teña a mesma contía que o que percibe o resto de persoal funcionario da Xunta.
Abuín lembrou que no ano 2008 asinouse un acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do Sergas, pero que coa chegada de Feijóo á Xunta, a través da Lei 9/2009 decretar que durante o ano 2010 quedasen conxeladas. "Esta mesma xustificación serviulle para, ano tras ano, manter o roubo salarial ao persoal do Sergas", manifestou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.