Un motorista, ferido grave nun accidente en Ordes

Trátase dun axente da Policía Nacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

Un home que conducía unha moto sufriu feridas de consideración ao caer do vehículo no punto quilométrico 27 da N-550, en Ordes. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que se trata dun axente da Policía Nacional e que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

O 112 recibiu o aviso do accidente pouco despois das 16,30 horas deste martes, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ata a zona mobilizouse un helicóptero medicalizado para atender ao ferido, que foi trasladado ao Chuac. Tras o aviso, o 112 informou da situación á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros de Ordes e o servizo de mantemento da estrada.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta