Temas: DVICIO

O Galo de Curral, un manxar e unha festa en Vila de Cruces

A XXI edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de xuño. A Praza de Abastos acolleu a presentación este xoves.

Por M.V. | Vila de Cruces | 06/06/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación da XXI edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces, que se celebrará a fin de semana do 14 e 15 de xuño. Na presentación participaron o Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, e a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis.

Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces, e Reyes Leis, tenente de alcalde de Santiago
Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces, e Reyes Leis, tenente de alcalde de Santiago

O cantautor Manoel de Felisa puxo a música, interpretando dúas pezas ("Terra" e "Gres") do seu disco Cantos de Lembranza , baseado en poemas de Xosé Neira Vilas. O pregón será de Federico Pérez, protagonista da serie "Era Visto" da CRTVG.

No evento tamén interviron varios das ducias produtores deste manxar que hai neste concello. Por exemplo, David Suárez, da sociedade Galo Celta, cualificou o produto de "tesouro" e explicou que está a gañar mercado, sobre todo na hostelería, conseguindo bos prezos polo seu sabor grazas a unha produción "artesana e silvestre".

Os galos son alimentados de maneira totalmente natural con cereais durante un mínimo de nove meses, aínda que alcanza a súa plenitude aos doce. Chegado ese momento, sacrifícase e cocíñase de maneira tradicional. Pertence á Rede Europea de Patrimonio Gastronómico grazas á grande calidade da súa carne, con moi pouca graxa, un sabor intenso e unha textura firme.

 

A festa conta cun gran valor cultural, que pasa polo peso que nela ten a gastronomía, pola difusión do patrimonio cultural da zona, con especial predominio da arte románica, co Mosterio de San Salvador de Camanzo como máxima expresión, a posta en valor da artesanía e os productos agroalimentarios, o mantemento das tradicións locais, as oportunidades que ofrece a natureza a través das diferentes rutas de sendeirismo, paseos a cabalo, deportes náuticos que ofrece o embalse de Portodemouros e a posta en valor da difusión do medio rural deste Concello pontevedrés.

Manoel de Felisa na presentación da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
Manoel de Felisa na presentación da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

 

Os actos da XXI Edición da Festa do Galo de Curral comezarán o sábado 14 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces, coa celebración dunha gala, que contará coas seguintes actuacións: Coral Polifónica de Agolada; Coral Polifónica de Bugallido; Coral Son Astur; Coral Polifónica de Piloño e o Grupo Tradicional A Requinta da Laxeira.

 

O domingo 15 de xuño será o día grande da XXI Fiesta Gastronómica del Galo de Curral. Os actos empezarán ás 10:30 horas y contará coas siguientes actuacións: Grupo de Gaitas O Arco de Merza; Banda de Gaitas de Piloño; Grupo Punteirolo de Vila de Cruces; Anxo Lorenzo Band; Banda de Gaitas do Concello de Forcarei; Cantautor Manoele de Felisa; Concerto do Grupo Tradicional A Roda, que presentará o novo CD "Outra Volta de Roda".

 

Unha vez terminadas estas actuacións os visitantes poderán degustar o Galo de Curral nos distintos restaurantes de Vila de Cruces. E pola tarde continuará a festa xa que a partires das 17:00 horas terá lugar el XXI Festival de Bandas de Galicia, coa participación de: Banda Unión Musical Ponteledesma; Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla; Banda Artística de Merza; Banda Sinfónica da Comunidade Galega.

Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces, e Reyes Leis, tenente de alcalde de Santiago
Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces, e Reyes Leis, tenente de alcalde de Santiago
Superpiñeiro presentando a Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
Superpiñeiro presentando a Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta