Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2022 | Actualizada ás 17:39
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou este venres nas Pontes os plans locais de saúde postos en marcha pola Xunta como mecanismos de organización para "avanzar" cara a unha Atención Primaria "máis eficaz". Comesaña comentou que resultan uns instrumentos de organización "fundamentais". Este venres, o conselleiro presentou o plan local de saúde das Pontes, un dos primeiros 14 servizos en telo, e aos que se unirán 42 máis este ano.
Con estes plans, comentou o conselleiro, a Xunta pretende lograr unha análise das "necesidades particulares", concreta Sanidade nun comunicado, "de mellora de cada servizo de Atención Primaria na asistencia que presta" e, ademais, "unha proposta de traballo en equipo para afrontalos".
Así mesmo, Comesaña incidiu en que afrontar o déficit de persoal na Atención Primaria segue sendo "a primeira prioridade" para a Xunta. Así, sinalou que na área de Ferrol o Sergas creou 28 novas prazas nos centros do primeiro nivel asistencial, das que xa están cubertas 24.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.