Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 09/06/2014
Aínda que a súa torre máis alta chega aos 52 metros de altura, xa está ficando agochada no medio dos monstros de cemento e ladrillo que o acosan. Mesmo dende o seu propio remate, esta vila ourensá competiu por ter os edificios máis altos do País. O retorno dos emigrantes á terra e o aproveitamento lucrativo que sacaban dos baños fixo que cada quén edificase cadanseu rañaceos na leira, aproveitando a carencia de planeamento.
Agora que está de actualidade a trifulca entre o Alcalde do Carballiño, a cidadanía e a RAG sobre a "legalización" da palabra "Pulpo" como galega, vemos que os problemas do Carballiño no eido urbanístico son bastante máis alarmantes, e quizáis, sen solución.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.