Morre un home en Cambados ao ser atropelado por unha fresadora

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Un home faleceu este mércores en Cambados ao ser alcanzado por unha fresadora cando traballaba nunha leira situada no lugar de Castrelo. Segundo fontes dos servizos de emerxencia, o suceso tivo lugar ás 17,15 horas deste mércores nunha leira particular. A vítima, de idade avanzada, foi alcanzada pola máquina cando esta se desprazaba cara atrás. Faleceu no lugar a consecuencia das feridas provocadas pola fresadora.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta