Vueling recupera a conexión aérea entre A Coruña e Londres

Funcionará catro días á semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Este venres aterrou no aeroporto de Alvedro o primeiro voo procedente do aeroporto de Londres-Gatwick. Coa chegada deste avión da compañía Vueling, A Coruña recupera a conexión coa capital británica, informa o goberno local. O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo, foron os encargados de recibir aos pasaxeiros, pasaxeiras e tripulación deste voo.

A compañía cubrirá esta nova ruta catro días da semana: luns, mércores, venres e domingo. Os billetes xa están dispoñibles nas súas canles oficiais. Esta conexión con Londres súmase á xa operativa con París-Orly. "Seguimos sumando destinos internacionais tras a recuperación do voo con París", sinalou a alcaldesa, que apuntou tamén que o número de frecuencias con Londres podería aumentar en función da demanda.

Voo de Vueling entre A Coruña e Londres. CONCELLO DA CORUÑA
Voo de Vueling entre A Coruña e Londres. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta