40 accidentes de tráfico na fin de semana deixaron 45 feridos en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 45 persoas debido a 40 accidentes de tráfico rexistrados este pasado fin de semana na rede viaria galega. O sábado foi o día con máis sinistros, con 21 incidentes.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do pasado venres, 1 de abril, e as 23,59 horas do domingo 3 un total de 52 chamadas en relación con accidentes de tráfico na rede viaria galega.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 52. En concreto, as ambulancias efectuaron 48 saídas, dúas o helicóptero medicalizado e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en dous accidentes. En 32 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións recibiron atención no lugar do sinistro sen requirir traslado.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 67 por cento e a de mulleres reduciuse ao 33%. Pola súa banda, en canto ás idades dos feridos, o 28% dos asistidos tiña entre os 30 e 44 anos. Por provincias, a de Pontevedra foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana, con 18; seguida da Coruña, con 16; Ourense, con catro e Lugo, con dous.

Nova frota de ambulancias asistenciais para a área sanitaria de Santiago e Barbanza.. FEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE AMBULANCIAS
Nova frota de ambulancias asistenciais para a área sanitaria de Santiago e Barbanza.. FEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE AMBULANCIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta