Greenalia, a gran eólica que opera en Galicia, creceu un 78% en 2021

Gaña 12 millóns en 2021 e supera os seus obxectivos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Greenalia obtivo un beneficio neto de 12 millóns de euros en 2021, fronte ás perdas de 0,5 millóns de euros que arroxou no exercicio anterior, informou a compañía. A cifra de negocio do grupo de renovables creceu un 78% en 2021, ata os 76,5 millóns de euros, mentres que o resultado bruto de explotación (Ebitda) alcanzou os 38,6 millóns de euros, disparándose un 251%.

A compañía presidida por José María Castellano destacou así que "supera, un ano máis", os obxectivos establecidos para este exercicio, a pesar dun contexto "convulso e de incerteza" e subliñou que para 2022 as expectativas "son aínda mellores". Na actualidade, Greenalia conta con seis proxectos en operación, cunha potencia instalada de 125 megawatts (MW), aos que une case 1.000 MW en construción.

IMPULSO NO MERCADO DE EE.UU.

Ademais, o grupo estableceu novas vías de negocio a Estados Unidos anticipando a súa expansión internacional, prevista inicialmente no horizonte 2030. Coa adquisición, no segundo semestre do exercicio, do proxecto fotovoltaico de MISAE -695 MW, en estado 'ready to build', aos que se lle engadirán 170 MW de almacenamento-, prevé que unha parte moi importante dos ingresos obtidos en 2024 provirán do país americano.

TECIDO GALEGO

Por outra banda, en Galicia, no plano operativo, o 2021 terminou coa firma do preacordo para fornecer enerxía renovable á planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Lugo), por un período de 10 anos, unha enerxía que se fornecerá con parques eólicos que se están tramitando en Galicia, prioritariamente en Lugo, dondeestá localizada a planta de Alcoa.

Foto dun aeroxerador de Greenalia. GREENALIA
Foto dun aeroxerador de Greenalia. GREENALIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta