Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2014 | Actualizada ás 09:00
A dirección do PPdeG quere que Agustín Hernández colla canto antes o timón do PP en Santiago. Por iso, e antes de que sexa designado rexedor, o Comité Executivo Provincial do PP na Coruña nomeouno este luns como presidente da nova xestora do partido na capital galega en substitución de Ángel Currás, quen a semana pasada puxo o seu cargo a disposición do comité local.
No seu equipo estará xente da súa confianza e da dirección e tamén Reyes Leis, afín a Currás. Así, a xestora está formada pola vocais Marta González, Pedro Puy Fraga, María Jesús Sainz García, Rosa Quintana Carballo, Javier Ruiz de Cortázar, Jesús Gamallo Onte, Marta Álvarez Montes, Pepa Castro, Alejandro Sánchez Brunete, Ana Rodríguez Morandeira, Gerardo Fernández Albor, Reyes Leis, Manuel Silva e David Sánchez Carro.
Esta decisión prodúcese logo de saber que Hernández terá que contar no seu novo equipo ao aínda rexedor Ángel Currás, aínda que o futuro alcalde teña matizado que isto é "para facilitar a transición".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.