Por Europa Press / Redacción | VITORIA | 15/05/2025 | Actualizada ás 18:18
O lehendakari, Imanol Pradales, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebraron un encontro este xoves en Vitoria-Gasteiz, no que analizaron as relacións entre ambos os gobernos autonómicos.
A reunión, a primeira que manteñen ambos os dirixentes, desenvolveuse no Palacio de Ajuria Enea, na capital arabesa, segundo informou o Goberno Vasco nun comunicado.
Nun acto previo ao encontro, celebrado esta mañá en Bilbao, Rueda mostrouse partidario de reforzar as "relacións de convivencia e cooperación" entre Galicia e Euskadi.
O presidente galego explicou que tiña previsto abordar no seu encontro con Pradales cuestións como as conexións con Europa, as infraestruturas, ou a necesidade de lograr un volume ou masa crítica suficiente "para facer formulacións comúns fronte á Unión Europea".
Tras o seu encontro en Ajuria Enea, o lehendakari e o presidente da Xunta participarán, a partir das 18.50 horas en Bilbao, no 'Foro Axenda Atlántica'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.