Denunciado o dono dun local de Lugo por organizar un espectáculo erótico sen autorización

A Policía Local propúxoo para sanción tamén por outras irregularidades.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 08/04/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lugo propuxo para sanción ao responsable dun establecemento de lecer nocturno por organizar e celebrar un espectáculo erótico sen autorización, entre outras irregularidades.

Salón Erótico de Galicia 2010 (foto Xornal Certo)
Salón Erótico de Galicia 2010 (foto Xornal Certo)

Segundo informaron fontes municipais, os axentes tiveron coñecemento do ocorrido a través das redes sociais e localizouse o establecemento, na rúa Galicia. Unha vez visionados os vídeos colgados en redes sociais, unha dotación policial realizou unha inspección do local.

Así, a Policía identificou o responsable e abriu expediente sancionador por infracción grave da Lei de Emprendemento e da Competitividade económica de Galicia, por realizar un espectáculo sen autorización (proponse sanción de ata 30.050,61 euros e pode levar aparellada a suspensión de actividade por un ano).

Tamén se tramitou denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia, por incumprir a obriga do uso de máscaras no interior do local, xa que a Policía comprobou que os camareiros e varios clientes non a usaban; así, como por outra infracción ao permitir o uso de cachimbas no establecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta