Ferido un motorista nunha colisión cun coche que invadiu o carril contrario en Bergondo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido nunha colisión con outro vehículo na AC-164, á altura de San Cidre, no municipio coruñés de Bergondo.

O accidente, segundo informou o Concello de Bergondo, produciuse xunto á farmacia, cando chocaron un turismo e unha moto, despois de que o coche invadise o carril contrario e arroiase o vehículo de dúas rodas.

O motorista, un mozo de 30 anos procedente da Coruña, foi trasladado ao hospital Quirón con prognóstico reservado. Ata o lugar trasladáronse a Policía Local, Protección Civil, 061 e da Garda Civil de Tráfico.

Accidente de tráfico, colisión entre coche e moto en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO
Accidente de tráfico, colisión entre coche e moto en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta