A Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Velo ratifican a súa colaboración na promoción da provincia no cinema

Por E.P. | OURENSE | 10/04/2022 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense ratificou a colaboración que a institución provincial mantén coa Fundación Carlos Velo para a promoción de Ourense no mundo audiovisual.

O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro coa presidenta da Fundación, Carmen Leyte, para facer balance da incorporación da Diputacion en 2020 ao padronado da fundación, ademais de repasar os proxectos nos que traballan conxuntamente.

Neste sentido, Baltar puxo en valor a alianza tecida desde o Festival de Cinema de Ourense, organizado pola Deputación coa encomenda de xestión á fundación, "compañeira de camiño" de promoción para situar á provincia como "estudo de producións audiovisuais".

Unha colaboración que, sinalou, dá "un paso máis" coa incorporación da institución provincial á Ourense Filme Comission, unha iniciativa que achegará "máis visibilidade a Ourense nos ámbitos do cinema e na cultura", pero tamén terá repercusión "nos sectores económico e turístico".eto de 40 curtametraxes, documentais e longametraxes.

Reunión do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, coa  presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte Coello. DEPUTACIÓN DE OURENSE - ALBERTE PAZ
Reunión do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, coa presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte Coello. DEPUTACIÓN DE OURENSE - ALBERTE PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta