A Xunta volve sacar peito polos datos de turismo do Xacobeo

Rueda celebra as boas previsións da Semana Santa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda destacou este luns que as previsións de visitas a Galicia durante esta semana Santa son "fantásticas", coas reservas de prazas hoteleiras "moi altas" a día de hoxe e unha importante afluencia de peregrinos, tamén estranxeiros.

Así, Alfonso Rueda sinalou que as previsións meteorolóxicas apuntan que o tempo mellorará "a partir do mércores especialmente", unha circunstancia "que sempre axuda" con respecto ás reservas e planificación de viaxes de última hora. A día de hoxe, segundo apuntou o vicepresidente, xa hai algunhas zonas con reservas "superiores ao 80%", aínda que "falta ese último empuxón que eu creo que se vai dar".

Rueda cre que "a Semana Santa ten que ser preludio dun verán moi bo". Neste sentido, explicou que "o mellor termómetro" para medir as visitas a Galicia é o Xacobeo: "E estamos a recibir unha media de case mil peregrinos diarios", asegura Este "bo indicador" para Alfonso Rueda tamén se reflicte na "recuperación do turismo internacional", coa chegada de "moitos peregrinos estranxeiros".

"Eu son moi optimista", admitiu o vicepresidente primeiro da Xunta ante as previsións que manexa o sector turístico, especialmente para o verán. "O Xacobeo está a tirar moito e Galicia, como destino seguro, vai tirar moito tamén", concluíu.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios, este mércores en Santiago de Compostela
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios, este mércores en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta