O BNG reclama axilizar as xestións ante o Goberno central para pagar compensacións aos mariscadores do Burgo

A parlamentaria do BNG Mercedes Queixas, denuncia que, tras a reunión celebrada na Delegación do Goberno en Galicia o pasado mes de febreiro sobre o pago das compensacións, "os mariscadores continúan sen percibir o diñeiro comprometido".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/04/2022 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A parlamentaria do BNG Mercedes Queixas rexistrou varias iniciativas na Cámara galega polas que urxe á Xunta a que faga xestións ante o Goberno central "para axilizar o cobro das compensacións por parte dos mariscadores da ría do Burgo afectados as obras de dragado".

Nun comunicado, denuncia que, tras a reunión celebrada na Delegación do Goberno en Galicia o pasado mes de febreiro sobre o pago das compensacións, "os mariscadores continúan sen percibir o diñeiro comprometido".

"A escusa ofrecida polas administracións para a demora na materialización das axudas é que carecían dunha cuantificación económica concreta por parte do colectivo de traballadores", engade.

No entanto, sostén que "eses datos xa os ten a Xunta desde o pasado mes de marzo e en teoría debería remitilos ao Goberno". Ademais, explica que nas súas iniciativas pregunta que xestións está a facer a Administración autonómica para "apremar" o cobro das compensacións económicas aos mariscadores da ría do Burgo.

Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta