Un total de 10 municipios ourensáns participan na elaboración do Plan integral de recuperación

Levarán a cabo talleres para deseñar novas propostas de dinamización para os sectores agroforestal, gandeiro ou turístico.

Por E.P. | Ourense | 18/04/2022 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

A Xunta inicia esta semana os talleres da segunda fase do proceso de participación pública para a elaboración do Plan integral de recuperación, dinamización e valorización integral da área suroriental de Ourense, que se realizarán en 10 concellos da provincia.

Segundo sinalou a Xunta nunha nota de prensa, o obxectivo é valorar a relevancia do recollido na primeira fase do proceso e deseñar novas propostas de dinamización para os sectores que conforman o Plan integral -- agrogandeiro, forestal, turístico e patrimonial --.

Ademais, a administración autonómica explicou que se pretende facer fincapé na identificación de terras que poidan ser postas en valor mediante algunhas das figuras que recolle a Lei de recuperación da terra agraria.

Imaxe de recurso dun taller de robótica
Imaxe de recurso dun taller de robótica | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta