Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/04/2022 | Actualizada ás 10:31
O persoal de Sistemas de Almacenaje de Galicia SL (SAGA) atópase dende este martes 19 de abril ás portas das instalacións da empresa no Polígono de POCOMACO secundando unha folga indefinida motivada pola "teimosía por parte da dirección de non querer aplicar o convenio colectivo para a industria siderometalúrgica da provincia da Coruña".
A representación dos traballadores denuncia, nun comunicado, carencia de persoal para a carga de traballo que lles obriga a realizar xornadas abusivas recibindo, como resposta, o despedimento disciplinario dun traballador por consideralo molesto por manifestar o seu inconformidade.
Igualmente denuncia que durante a folga a empresa está a subcontratar persoal para realizar as tarefas dos traballadores que "están a defender, en lícita forma, os seus dereitos e reivindicacións". "Concretamente están a enviar traballadores dunha determinada firma afincada en Narón para principalmente atender as obras das tendas do seu cliente principal, INDITEX", critica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.