Por Pablo Rodríguez | Ourense | 22/06/2014 | Actualizada ás 19:28
A 19 edición do Derrame Rock pechou onte as súas portas no recinto ferial de Expourense cunha afluencia de público similar a do venres. A dinámica foi semellante, até o concerto de Marky Ramone Blitzkrieg non se comezou a notar a afluencia de xente.
Marky, antigo bateria dos lexendarios Ramones, non se complica a vida, sabe o que lle funciona e explotao correctamente. Quizáis pode deixar un gusto agridulce contemplar o intento de clonación dos neoiorquinos, é evidente que non pode chegar a categoría do orixinal, pero o resultado é bastante efectivo e sempre é un placer escoitar os vellos clásicos punks para os máis fans e nostálxicos. Se nunca tiveches a sorte de ver os Ramones en directos sempre podeste consolar cun concerto de un dos seus membros.
A continuación foi o turno de Rulo y la Contrabanda, un grupo máis pop-rock que en principio non se axustaría a un festival como o Derrame pero que reuniu ao seu público. Porén, outros manifestaron a súa opinión co lanzamento de cubitos de xeo o grupo, chegando a impactar un deles na cara do cantante, o que obrigou a parar por uns momentos o concerto.
O seguinte grupo, La Pegatina, fixo saltar os asistentes cos seus ritmos ska, fomentando o baile continuo e sudoroso, ao fin e ao cabo isto é basicamente o que ves a buscar a un festival de música, diversión e alegría. Algo semellante o que intentaron facer Celtas Cortos quenes foron os seguintes en saltar o escenario, aínda que o seu estilo é moito máis pausado e folk, nótase que son unha formación con moito percorrido e istoria e clásicos como "20 de abril" son xa un dos himnos clásicos para unha xeración.
Pero sén dúbida o concerto máis agardado para a maioría era Gatillazo, aínda que xa a afluencia de xente era menor. O actual grupo de Evaristo, cantante de outro grupo elevado os altares dos punk en español "La Polla Records", respondeu moi ben o que se agardaba de eles. Foron intensos, sen case pausas entre cancións, e provocadores, Evaristo tamén leva moita estrada no lombo e sabe ben cal é o seu estilo, sabendo rodearse duns músicos competentes que fai menos doloroso para os seus seguidoras a desparación de La Polla.
E para rematar o día "Habeas Corpus", grupo de hard-core madrileño que se caracteriza polos seus espectaculares concertos e espíritu anti-fascista. Non defraudaron e foron un moi digno peche para esta edición do Derrame Rock no que foi quizaís un dos carteis máis variados e floxos para os moi numerosos seguidores que tiña este festival.
Foi inevitable sentir certa sensación de improvisación neste ano, xa tanto por algún que outro grupo que non agardarias atopar neste tipo de eventos, alguén rebautizou o festival como "Derrame Pop", como pola organización. Botouse de menos iniciativas como as de outros anos, como por exemplo coa compra dun único vaso para todo o día ou a presencia de máis buses que foran o recinto. Únicamente podianse usar as liñas habituais se viñas da cidade, con menos frecuencias o sábado,existindo un bus especial para acceder o recinto de acampada situada en Bemposta a 3 km.
Pero en xeral non houbo problemas maiores, xa que tamén baixou moito a afluencia de asistentes se a comparas con outros anos, e todo transcurriu de maneira adecuada reinando un moi ambente tanto dentro como fóra do recinto. Aínda que o rematar a moitos invadiulles unha gran dúbida que provocou debates e buscas intensas na rede, ¿leva Marky Ramone peluca?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.