Facerse autónomo non significa autosuficiente

Vendo este pendello, mal rematado, sen respecto ningún pola fermosa paisaxe que o arrodea e sen sequera cumprir a normativa do solo rústico, dá a clara impresión de que o fin non xustifica os medios, e que o mito da creación de emprego non pode asoballar á nosa terra, ao noso territorio.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 23/06/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Tal, Muros
Tal, Muros

Trátase da típica chapuza que calquera paisano fai na súa leira, durante a fin de semana (para evitar aos vixilantes) para montar un negocio. Craso erro o do autoconstrutor, craso erro o do Concello que non mira pola disciplina ou non impón a lei.

Situado na parroquia de Tal, Concello de Muros, o pendello dá á estrada de Noia a Carnota, con fermosas paisaxes mariñas e con lamentables imaxes de maltrato da paisaxe. Non ten solución posible, agás o seu derrubamento, porque alén de rachar o conxunto natural, incumpre a lei do solo por non gardar as distancias, por non ser unha edificación de utilidade pública, por non ter leira suficiente.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook