1º de maio: Festa do turbocapitalismo

É obvio que desde 1978 asistimos a políticas de privatizacións, desindustrialización, eliminación da Soberanía, somos servos da UE, OTAN, FMI, e sometemento aos plans e programas ideolóxicos, políticos, antropolóxicos, morais e económicos das plutocracias financeiras globalistas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 26/04/2022

Comparte esta noticia
Desde a instauración da democracia ou réxime do 78 estas foron as reformas laborais:   27 de outubro de 1977: Asinado por todos os partidos políticos con representación parlamentaria. 20 de decembro 1979: Acordo Básico  Interconfederal que sentou as bases do Estatuto dos Traballadores.  5 de xaneiro de 1980: Acordo Marco  Interconfederal co que se acordou moderación salarial a cambio de redución de xornada e foi a orixe da Lei Orgánica de Liberdade Sindical. 9 de xuño de 1981: Acordo Nacional de Emprego. 15 de febreiro de 1983: Acordo  Interconfederal.  9 de outubro de 1984: A  CEOE, UXT e o Goberno socialista asinaron o Acordo Económico e Social. 3 de abril de 1992: Real Decreto de Medidas Urxentes sobre Fomento de Emprego e Protección do Desemprego. 13 de xuño de 1994: Foi a reforma laboral máis intensa do mercado laboral español, promovida polo Goberno socialista sen a participación dos sindicatos. 9 de outubro de 1996: O Goberno asinou cos sindicatos UXT e CCOO o Acordo para o Emprego e a Protección Social Agrarios. 28 de abril de 1997: As patronais  CEOE e  CEPYME e os sindicatos UXT e CCOO asinaron o Acordo para a Estabilidade do Emprego e a Negociación Colectiva. 2 de marzo de 2001 e  24 de maio de 2002: O 17 de outubro de 2002 o pleno do Congreso aprobou o proxecto de lei de reforma da protección do desemprego. 9 de maio de 2006: Firma dun acordo tripartito na Moncloa, o Goberno, patronal e sindicatos deron o visto e prace á primeira reforma laboral do mandato de Zapatero.  6 de marzo de 2009: Cambio  ao despedimento barato. En plena crise económica tras o estrepitoso fracaso do Goberno  Zapatero, o PSOE  aprobou a súa segunda reforma laboral, cuxo obxectivo consistiu en abaratar o despedimento. Aprobada o 17 de xuño de 2010, foi cualificada como a reforma de máis calado dos últimos 20 anos polo propio Executivo socialista. 2012: Reforma do PP que  abaratou mais o despedimento de Zapatero. Reforma do 2021: Confeccionada  por Bruxelas e ratificada polo goberno, é transitoria. En breve impoñerase por Bruxelas a definitiva. O goberno será o que por quenda corresponda, e a súa aprobación polo  parlamente español é un mero  trámite. Un quedar ben. 
 
É obvio que desde 1978 asistimos a políticas de privatizacións, desindustrialización, eliminación da Soberanía, somos servos  da UE, OTAN, FMI, e sometemento aos plans e programas ideolóxicos, políticos, antropolóxicos, morais e económicos das  plutocracias financeiras  globalistas. Todo iso en prexuízo dos pequenos empresarios, comerciantes, agricultores,  traballadores,  e da mocidade que ve reducidas as súas perspectivas de vida. 
Para ocultar ou desviar a atención desta vergoña  hedionda, así como dos  jenízaros culpables, cómplices, e demais traidores,   impleméntanse cuestións como o aborto, a eutanasia, o cambio climático, forma de vestir, cuestións sexuais, memoria histórica, touros, empoderamentos variados, inmigración masiva, degradación do sistema educativo, imposición  da Lenda Negra, culpar a terceiros inocentes, que se  fachas, ou os galos violadores, etc. E a banca  mais rica que nunca. 
 
Na presente lexislatura  XIV  os beneficios da Banca e grandes empresas son os previstos. E a pobreza e empobrecendo vai en proporción.

Masiva manifestación do 1º de maio en Vigo
Masiva manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: M.N.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.