Pontón ve na suposta espionaxe a líderes independentistas "un ataque ao corazón da democracia"

Reclama ao Goberno de Pedro Sánchez que "non os minimice, nin mire para outro lado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de feitos "gravísimos" a suposta espionaxe a líderes independentistas e reclamou ao Goberno de Pedro Sánchez que "non os minimice, nin mire para outro lado". 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns | Fonte: Europa Press

"É un ataque ao corazón da democracia, non se pode mirar para outro lado", apuntou en rolda de prensa, a preguntas dos medios, a líder nacionalista galega, quen falou dunha "vulneración de dereitos".

Por iso, pediu "chegar ata o fondo", cunha investigación independente e unha comisión de investigación no Congreso, como xa asinou o BNG a través do seu deputado Néstor Rego. "Non se pode permitir que se espíe a outros cidadáns", advertiu Pontón, quen insistiu en que se teñen que "asumir responsabilidades políticas" ante un "feito gravisimo e intolerable". "Espiar cidadáns é algo que non se pode tolerar e para todos nós é unha ameaza", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta