Peche de sindicatos na Xefatura de Correos en Pontevedra para denunciar o "despezamento" do servizo público

Segundo explican CC.OO. e UGT nun comunicado, a "política de abandono" de Correos provocou un "esborralle da carga de traballo" e perdas por "case 600 millóns de euros desde 2019", aos que suman os 100 millóns en negativo de 2021 e un "déficit estrutural que o sitúa ao bordo da quebra técnica".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Unha decena de representantes sindicais de CC.OO. e UGT encerráronse este luns nas dependencias da Xefatura Provincial de Correos de Pontevedra para denunciar a "o despezamento" neste servizo postal público.

A mobilización na oficina de rúa Oliva, na que os participantes portaron unha pancarta con varias lemas, entre eles 'Contra os recortes, persoal suficiente e con dereitos', enmárcase no calendario de protestas de ambos os sindicatos que culminará coa folga prevista para os días 1, 2 e 3 de xuño.

Segundo explican CC.OO. e UGT nun comunicado, a "política de abandono" de Correos provocou un "esborralle da carga de traballo" e perdas por "case 600 millóns de euros desde 2019", aos que suman os 100 millóns en negativo de 2021 e un "déficit estrutural que o sitúa ao bordo da quebra técnica".

Os dous sindicatos ven nesta situación un "despezamento intencionado" por parte do presidente da empresa pública, Juan Manuel Serrano, ao que acusan de promover un "modelo de emprego lixo" con máis de 10.000 postos a tempo parcial, "máis do 20 por cento do total do persoal". Na provincia de Pontevedra, a taxa de emprego a tempo parcial é do 22 por cento, segundo cifras que dan CC.OO. e UGT.

Ademais, lamentan que tanto o presidente de Correos como o Goberno "demostraron moi pouco interese polo diálogo social, o consenso e a participación dos representantes dos traballadores", dado que a maioría sindical "esixe unha negociación real e efectiva" sobre o modelo postal público e o seu financiamento.

Peche de representantes sindicais de CC.OO. E UXT na xefatura provincial de Correos en Pontevedra.. CCOO E UXT
Peche de representantes sindicais de CC.OO. E UXT na xefatura provincial de Correos en Pontevedra.. CCOO E UXT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta