O negocio da enerxía solar fotovoltaica avanza en Galicia

A compañía galega EiDF multiplicou por máis de seis as súas ganancias en 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/04/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A compañía galega EiDF obtivo un beneficio neto de 7,1 millóns de euros en 2021, o que representa un incremento do 529% con respecto ao exercicio anterior, informou a empresa. A facturación do grupo especializado en instalacións de enerxía solar fotovoltaica alcanzou os 45,6 millóns de euros o ano pasado, cun crecemento do 128%, mentres que o seu resultado bruto de explotación (Ebitda) pasou do tres millóns de euros en 2020 aos 10,4 en 2021, o que supón un aumento do 236%.

Instalación de nerxía solar fotovoltaica de EiDF
Instalación de nerxía solar fotovoltaica de EiDF | Fonte: EIDF SOLAR - Europa Press.

EiDF, que iniciou a súa cotización no BME Growth en xullo do ano pasado, destacou que os resultados de pasado exercicio estiveron marcados "pola consolidación do seu novo modelo de negocio, baseado na integración vertical das actividades de autoconsumo, xeración e comercialización".

Na área de autoconsumo, a empresa conseguiu executar 323 obras por un volume de 63,1 megawatts (MW) equivalentes a un importe de 25,2 millóns de euros, cun incremento do 27,5%.

Así mesmo, o grupo intensificou o ano pasado a súa actividade de Xeración coa construción dos seus primeiros parques que se porán en marcha ao longo deste ano co obxecto de destinar a enerxía producida á súa área de comercialización.

Desta maneira, a potencia instalada en 2022 superará os 150 MW, cumprindo cos obxectivos establecidos no seu plan de negocio. EiDF conta actualmente cun pipeline de 2.207 MW en diferentes fases de desenvolvemento.

Ademais, a compañía comezou a integración da área de comercialización tras a adquisición de ODF Energía que achegaría en 2021 unha facturación de 176 millóns de euros, cun Ebitda normalizado do 3%, cifras que serán melloradas polas múltiples sinerxías detectadas en custos e marxes, como polo efecto sobre a comercialización da enerxía xerada polos activos de produción fotovoltaica do grupo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta