A gran "cruz" dos parados de longa duración: a Intelixencia Artificial exclúeos dos procesos de selección

Así o recolle a investigación dun profesor da UOC, que insta a que as empresas emenden esta práctica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Segundo a última enquisa de poboación activa (EPA), a principios de 2024 máis de 2.900.000 persoas estaban en paro en España, un 35% das cales facía máis dun ano. Todas elas, especialmente as que levan máis tempo sen traballo, corren o risco de ser automáticamente descartadas nos procesos de selección dos servizos de emprego e das empresas. Así o afirma Antonio Fernández García, profesor dos estudos de Dereito e Ciencia Política da Universidade Oberta de Catalunya (UOC), que advirte de que se trata dunha práctica ilegal a emendar.

Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo
Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo

Ademáis dos informes xa revisados, o docente da UOC comprobou de primeira man cómo varias empresas e portais de emprego aplicaban o filtro de estar en paro nos seus softwares ou sistemas de intelixencia artificial (IA) de selección, sen ter demasiada conciencia da discriminación que isto pode supor. Toda a súa investigación publicouse no libro que recolle as comunicacións da última edición do congreso da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

"Isto nunca se plantexara no ámbito xurídico. Sí se sabe que mulleres, persoas con discapacidade ou persoas de maior idade teñen problemas para acceder ó mercado de traballo" explica o profesor Fernández. Ademáis de varios artigos da Constitución española a aprobación da Lei15/2022 para a igualdade de trato e a non discriminación é clave na súa argumentación.

Tal e como remarca o profesor, estar en situación de paro, e ter serias dificultades para saír adiante, perxudica á persoa que o sofre e tamén a súa familia, non só dende o punto de vista económico, senón tamén no que se refire á saúde mental. Fernández propón que a lei de emprego aprobada en 2023 inclúa específicamente que estar en paro non pode ser motivo de discriminación na búsqueda de traballo. Asimesmo, anima ós servizo de emprego e ás empresas a revisar os seus procesos selectivos, e invita ás entidades e sindicatos a ter en conta este aspecto á hora de defender os dereitos da ciudadanía. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta