Empresas da automoción galega comparten experiencias nun encontro en Vigo

Trataron temas relacionados coa “loxística intelixente”, a optimización e a mellora dos procesos de dixitalización.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/06/2025 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Máis de 50 profesionais da industria galega de automoción e mobilidade reuníronse nas últimas horas nunha xornada organizada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para compartir experiencias en materia de 'loxística intelixente' e mellorar na optimización, automatización e dixitalización destes procesos.

No encontro presentáronse casos de éxito de optimización da loxística interna en empresas como Stellantis Vigo e GKN Driveline Vigo. Ademais, co obxectivo de obter información doutros sectores participou na reunión un representante da empresa Krack, referente na loxística no ámbito do calzado. Tamén se incluíron casos de uso das 'startups' innovadoras xurdidas da aceleradora Business Factory Auto & Mobility (BFA): Binarial, MTS Tech e Xymbot Ltd. Este tres 'startups' achegaron a parte máis innovadora da loxística presentando a importancia da robótica móbil para a loxística interna; a automatización intralogística mediante AMRs (vehículos robot intelixentes); e a localización de activos en tempo real.

Ademais, un representante de Miebach, consultora líder mundial en loxística, explicou os principais retos e estratexias loxísticas na 'Supply Chain' do futuro, así como as novas tecnoloxías aplicadas á loxística interna. Esta sesión sobre "Smart Logístics", financiada polo Igape, é a segunda dun ciclo de catro talleres de innovación e reflexión estratéxica organizados por Ceaga, dirixidos ao primeiro nivel directivo, para sentar as bases da automoción do futuro. Estes encontros tratarán temas cruciais para a mellora da competitividade da industria galega. Os dous últimos serán sobre "Resiliencia empresarial" (8 de xullo) e "Transformación intelixente" (23 de setembro).

Taller sobre loxística intelixente organizado polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) en Vigo.. CEAGA
Taller sobre loxística intelixente organizado polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) en Vigo.. CEAGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta