Asistidas tres persoas tras chocar dous coches en Catoira

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/04/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous coches rexistrada na madrugada deste mércores no termo municipal de Catoira saldouse con tres persoas asistidas. Así o informou o 112 Galicia, que indicou que este accidente tivo lugar no punto quilométrico 8 da estrada PO-548, á altura da parroquia de Oeste.

Foi unha das persoas implicadas no sinistro quen contactou co 112 Galicia para alertar do choque sobre as 5,40 horas deste mércores. Despois de recibir o aviso, o servizo de emerxencias puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilagarcía, do GES de Padrón, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.

Por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviouse unha ambulancia de soporte vital básico, que foi a encargada de trasladar a un home ao Hospital do Salnés, apuntaron fontes sanitarias.

Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL
Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta