Ofensiva contra a "manipulación" de El Mundo

O mundo da cultura en Galicia estase a movilizar para dar resposta a un artigo publicado hoxe por El Mundo e que asegura que o himno galego, aceptado por todos os partidos, "insulta" aos que non saben falar este idioma. Escritores, artistas, actores e xornalistas, entre outros, preparan un manifesto para respostar ao que consideran unha "manipulación". A noticia do diario madrileño rebautiza, ademáis, a Pondal como Gustavo en vez de Eduardo, auténtico nome de quen escribiu o poema 'Os Pinos'.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/08/2007 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

44 Mariña

Hola a todos,eu son unha antepasada de Eduardo Pondal, encontrei esta web buscando información sobre el, e creo que xa teño dabondo para dicir que quén non sabe apreciar os poemas de Eduardo Pondal, que espoña os seus e vexamos se os demais o aprezan.

43 galiza ceive!

Estes dias estan sendo os mellores do nacionalismo galego dende fai moitisimo tempo. Facia moito moito moito que o bng non era capaz de sacar dos castelans tanto en tan pouco tempo.

Pois resulta que agora o himno de galiza, o que identifica a todos os galegos sexan ou non nacionalistas, e un "inimigo a batir", e inda por riba, con raxoi sacandolle mais lume o tema. Que grande. O drama dos castelans e que son tan faciles de sacar de quicio, e levan unha politicia tan nefasta no tema identitario, que no quebrantamento do estado van cos secesionistas da man.

Pois nada, a loitar contra o himno e a fomentar o odio contra todos os galegos. Asi e como se construe un estado unido.

Mentras nos, sempre alerta, lembraremos o ben que falaba quevedo de nos, para axudar nesa tarefa do odio mutuo, e facerlle mais dificil a losada deixar ondeando a bandeira en riazor. Unha victoria sinxela e limpa.

42 Oscar

¡Algúns que delicadiños son! ¡Deben estar feitosd de cristal fino, que lles tocan en calquera sitio e xa vibran!

41 Oscar

Só puxen a noticia coa mellor intención do mundo, xa que me parece moi importante e parece que Galicia Confidencial non lle adicou ningunha sección; non pretendía empozoñar nada, que de feito puxen esta nova en máis seccións.
As miñas disculpas se agora, por causa diso, vas perder o sono ou che vai facer un dano psicolóxico irreversible.

40 Juan Español

Félix, vai ver "Aquí hay tomate", que ese programa non "emponzoña" a túa convivencia. Creo que tampouco afecta ás túas crenzas, no caso de que teñas algunha, pasmón...