Os concellos da provincia da Coruña reciben axudas para pagar a luz

A Deputación modifica as bases dunha axuda de 42 millóns para incluír este e outros gastos correntes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou este mércores que a partida adicional de 42 millóns de euros do Plan Único, aprobada o pasado mes de marzo e en principio reservada exclusivamente ao financiamento de obras e investimentos nos 93 concellos coruñeses, poderá destinarse tamén a financiar gastos correntes como a factura eléctrica ou o gasto en combustibles.

"Estes gastos disparáronse nos últimos meses e supoñen un serio problema económico non só para as familias e as empresas, senón tamén para os concellos, que cada vez deben destinar máis recursos para pagar as facturas de luz e carburantes", afirmou o presidente, que explicou que ante "a situación excepcional" que atravesamos, o goberno provincial modifica as bases.

Faino, engade, para "apoiar aos concellos nesta situación excepcional", permitindo que podan destinar parte dos fondos a pagar as facturas de luz e carburante. Por outra banda, a institución provincial informa que ata o 18 de maio estará aberto o prazo para que os concellos coruñeses soliciten as subvencións que a Deputación reserva cada ano para financiar eventos de pintura mural de arte pública.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta