Queremos Galego manifestarase o Día das Letras pola "dignidade" da lingua galega

A plataforma está composta por máis de 500 colectivos sociais e a convocatoria sairá da Alameda compostelá ao mediodía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A plataforma social Queremos Galego chamou a participar na súa tradicional manifestación do 17 de maio, Día das Letras Galegas, que se celebrará en Santiago --con saída ao mediodía da Alameda e chegada á Praza da Quintana-- co obxectivo de reclamar a "dignidade" da lingua galega. A lema que encabezará a marcha será: 'En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua galega'.

O acto foi presentado polo portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, que felicitou á sociedade galega pola súa "perseveranza e esforzo" polos avances logrados no último ano. Un deles, subliñou, foi a incorporación ao catálogo de Netflix de contidos en galego.

Ademais, tamén quixo destacar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra Facenda por negar os dereitos lingüísticos. O fallo a favor da acusación terá "efectos inmediatos" nos dereitos das linguas no cómputo global das administracións do Estado.

O PEOR ÍNDICE DE COÑECEMENTO DO GALEGO

Tamén achegou datos da mala situación da lingua, como que menos dun 1% de pólizas e sentenzas son en galego ou que soamente un 8% das escolas infantís en cidades garanten o emprego do idioma propio de Galicia.

Respecto diso, Maceira mostrou a súa preocupación por que o 24% dos menores de 15 anos din ser incapaces de falar galego. Este dato é o "peor da historia do galego". Por todo iso, Maceira comentou que a sociedade galega está "soa" na defensa do galego. Para solucionar esta dinámica, o vogal advirte da necesidade de que os gobernos abandonen a actitude de "desprezo permanente" e garantan a presenza da lingua galega "en todo e para todos".

HAI FUTURO PARA O GALEGO

Outro aspecto que destacou Marcos Maceira son as emendas da Lei do audiovisual para garantir as cotas de contido audiovisual en galego. Aínda que foi promovido desde Galicia, a emenda manifesta que dúas das tres linguas cooficiais serán excluídas das cotas en determinados territorios. "A decisión é unha vergoña", explica Maceiras.

A pesar de que censura que a actual situación "imposibilita" vivir e falar en galego 24 horas en Galicia, Maceira é optimista co futuro da lingua. "Co esforzo colectivo da sociedade galega e das institucións, coa Xunta á cabeza, a situación do galego é reversible, hai futuro para a lingua galega", remarcou Maceiras.

A plataforma cidadá 'Queremos Galego' durante a convocatoria da manifestación para o Día dás Letras Galegas.
A plataforma cidadá 'Queremos Galego' durante a convocatoria da manifestación para o Día dás Letras Galegas. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Sólo con ver las pintas ya se deduce el motivo por el cual los jóvenes no hablan gallego. Los profesores de gallego suelen ser tipos raros, de carácter frecuentemente fanático y con mal aspecto, todos cortados por el patrón del partido comunista patriótico.