Outro estradense no ciclismo

Óscar González, de 22 anos, proclámase campión de España na proba contra o reloxo individual sub-23 celebrada en Ponferrada, con seis segundos de vantaxe sobre o segundo. Este sábado, a proba en ruta.

Por gcdeportes | Compostela | 28/06/2014 | Actualizada ás 01:57

Comparte esta noticia

Non estaba entre os favoritos, e ata el mesmo se sorprendeu da vitoria. Pero o estradense Óscar González venceu este venres na proba contra o reloxo individual sub-23 no Campionato de España de ciclismo, que se celebra esta fin de semana en Ponferrada.

Óscar González, concentrado durante a proba.
Óscar González, concentrado durante a proba. | Fonte: @RFEC

Óscar González (A Estrada, 1992) fixo un tempo de 37:40 nos 29,5 quilómetros. O galego do Supermercados Froiz superou na meta en seis segundos a Juan Camacho (Castela-A Mancha) e en doce a Marc Soler (Catalunya). O que chegaba a Ponferrada coma grande favorito, Ion Ander Insausti (Euskadi), rematou cuarto. O leonés Miguel Ángel Benito, que fixo o mellor tempo no primeiro punto intermedio, caeu na parte final da crono e rematou penúltimo.

O ciclista estradense perdía 25 segundos no primeiro paso intermedio e tan só sete no segundo. A parte final, a menos cha do circuito, beneficiou as aspiracións do galego. “Con 60 quilos e un recorrido tan cha, non me vía. Era máis para rodadores. Pero acabei collendo pulsacións e ata o final”. O pouco vento tamén axudou a gañar a carreira a Óscar González, quen recibiu axiña as felicitacións do seu paisano Álex Marque. Óscar González competiu ás 12.58 horas, no posto 29ª de 35 corredores. Os outros dous galegos que disputaron a proba foron Antonio Portela, 12º a 53 segundos, e Roberto Mediero, 27º a 2:31.

Este sábado continúa o Campionato de España de Ponferrada coa disputa das probas en liña sub'23, a partires das 10:00 horas, e a femenina, dende as 16:00 horas. Para o domingo queda a proba en ruta para as categorías elite e profesional, que transcurrirán tamén polo circuito do Campeonato do Mundo que se celebrará en setembro. Alejandro Valverde, do Movistar Team, gañou a proba contra o reloxo en categoría profesional.

Óscar González, no podio coa medalla de ouro e o maillot de campión.
Óscar González, no podio coa medalla de ouro e o maillot de campión. | Fonte: @RFEC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Rúa

Un galego vestido coa bandeira de España. Como debe ser

1 uncalquera

non sexas parvo, no ciclismo aos campións nacionais se lles pon esa bandeira. Vas pedir agora que non corran carreiras de campionatos? Tamén hai e houbo campións nacionais cataláns e bascos...