A Deputación de Ourense estuda vías de colaboración co Concello de Riós

Eva Barrio acaba de asumir a alcaldía do municipio.

Por E.P. | OURENSE | 01/05/2022 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse coa nova alcaldesa de Riós, Eva Barrio (PP) que tomou posesión do seu cargo o pasado 23 de abril tras a dimisión do seu compañeiro de filas Francisco Armando Veiga, e estudará futuras vías de cooperación con este municipio.

Así, a rexedora trasladou as liñas estratéxicas do seu goberno municipal a Baltar, que a felicitou "pola responsabilidade que asume ante os seus veciños" e desexoulle "moitos éxitos na súa xestión". Eva Barrio agradeceu a colaboración da Deputación e a "boa disposición" do presidente da institución provicial co Concello de Riós, para o que sería "imposible" pór en marcha moitas obras e servizos sen esa axuda.

Baltar e Barrio aproveitaron o encontro para repasar as actuacións realizadas no municipio con colaboración da Deputación, como o convenio para o Centro Agroforestal, accións de mellora da empregabilidade dos mozos, incorporación dun condutor para unha máquina de rozado, a achega ao Plan Marco 2022-2023, a construción do centro de día ou a rehabilitación de vivendas sociais en Castrelo de Cima.

A rexedora presentou a Baltar algúns proxectos nos que traballa o goberno local e as necesidades de financiamento para a posta en marcha do centro de día, o acondicionamento e humanización do barrio de Marmolín e do camiño da igrexa, ou o arranxo da estrada que une A Veiguiña e Valfarto.

A alcaldesa de Riós, Eva Barrio, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
A alcaldesa de Riós, Eva Barrio, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta